Abre en San Marcos unha exposición de Gema López

LugoXa
A pintora lucense, Gema López, inaugura hoxe “Corpo Permeable, Corpo Insubstituíble” no Pazo de San Marcos este 29 de xuño
exposicion gema lopez pazo san marcos
29 Jun 2023

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a presentación da mostra Corpo Permeable, Corpo Insubstiuíble da pintora lucense, Gema López. A mostra, que poderá visitarse ata o 25 de agosto, recolle unha trintena de obras realizadas pola artista desde o 2019 ata hoxe. “A conciencia do eu dentro da miña contorna forma parte dos cimentos de calquera ente creativo”, e como tal Gema López crea desde as entrañas, indagando constantemente na súa biografía para desgranar teorías sobre sentimientos frustrados, a memoria, o trauma e a capacidad humana de resiliencia.

A inauguración será hoxe ás 19.3o no pazo de San Marcos.

A exposición presenta traballos en óleo e debuxos, técnicas coas que se caracteriza e que están nos comezos da súa carreira. Corpo Permeable, Corpo Insubstituíble presenta dous espazos expositivos enlazados: a unión do eu e as circunstancias que me rodean, o corpo permeable; e o eu que busca a identidade individual a través da introspección e dos sentimentos que outras persoas xeran na súa psique. É o corpo insubstituíble e conforma o segundo tramo da exposición.

Gema López presenta así esa figura feminina e miúda que mira directamente ao espectador mostrando un corazón ensanguentado e palpitante. Lévanos da man ao interior da súa psique e con iso, penétranos tamén na nosa. A conciencia colectiva ao redor de temas tan íntimos é vital para poder sandar unha sociedade danada, “Velaquí as miñas entrañas. Isto é o meu eu e a contorna que o rodeou todo este tempo”, invita a entrar a artista.

A exposición está organizada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial.

0.12900900840759