Abre hoxe a piscina municipal de Palas de Rei
LugoXa
Hoxe, 1 de xullo, abre ao público a piscina pública municipal de Palas de Rei. Todos aqueles que desexen ir deberán facer un carné familiar,
1 Xul 2023
Hoxe, 1 de xullo, abre ao público a piscina pública municipal de Palas de Rei. Todos aqueles que desexen utilizar as súas instalacións deberán facer un carné familiar, que ten un custo de 6,29 euros para os veciños do municipio e de 15,71 para os non residentes, nas oficinas municipais.
En caso de non telo, as persoas que desexen asistir terán que pagar unha taxa (0,52 euros os veciños do municipio e de 1,05 os non residentes cada día que vaian á piscina.
O horario de apertura será os días laborables de 12:00 a 20:00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 16:00 a 20:00 horas.