Abre hoxe en Lugo unha campaña do comercio que repatirá mil euros en cheques
A campaña Mercar no teu comercio ten premio regresa á capital lucense. Entre hoxe e o 29 de setembro as compras realizadas nos establecementos adscritos á campaña poden ter recompensa. En concreto, 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio da cidade.
Así, todos os clientes de Lugo que nesta semana realicen compras dun importe mínimo de 10 euros nas tendas participantes poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios. Este sorteo terá lugar o venres, 29 de setembro, ás 19.00 horas, na Praza Horta do Seminario. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 16.00 horas nesta mesma praza.
Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. A partir das 18.00 horas haberá tamén animación infantil.
A campaña Mercar no teu comercio ten premio, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celébranse actuacións por toda a provincia. Na capital lucense tivo lugar unha primeira campaña en xullo e celebrarase outra a finais de outubro. A iniciativa está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.