Abre na biblioteca do Corgo a mostra fotográfica 'Hai presente'

LugoXa
O Concello do Corgo, a través do Proxecto Corgoral e da biblioteca do PALCO organiza a mostra fotográfica temporal Hai Presente.
MOSTRA FOTOGRAFIA hai presente portada
15 Jul 2023

O Concello do Corgo, a través do Proxecto Corgoral e da biblioteca do PALCO–Punto de Atención á Lectura do Corgo organiza para este terceiro trimestre a mostra fotográfica temporal titulada Hai Presente.

Hai presente nace como posta en valor de todos eses artistas da terra que fan tanto por manter a cultura galega no lugar que se merece, así como da imperante necesidade que ten achegar esa mesma cultura a zonas do rural onde é máis complexo atopar exposicións, museos ou actuacións no día a día.

A mostra, a cargo da barallense Esther López e da veciña de Láncara Sandra López, consta de 15 retratos de diferentes artistas galegos vencellados o rural e doutra serie de fotografías e presentacións de traballos elaborados polos mesmos.

exposicion hai presente
0.17425894737244