Abre na Mosqueira unha exposición da fotoxornalista Anna Turbau
A mostra afonda no arquivo fotográfico que a artista realizou entre 1974 e 1979 para presentar a súa vista da Galiza da época.
A tenente de alcaldesa da área de Cultura, Turismo e Promoción Lingüística do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, participaron na inauguración de A intimidade da imaxe, unha exposición da fotógrafa Anna Turbau. A mostra, comisariada pola xornalista e cineasta Margarita Ledo, permanecerá no Vello Cárcere ata o vindeiro día 30 de setembro.
Anna Turbau representa nesta obra unha Galiza distinta ao discurso habitual dos anos 70. Para iso, a artista é pioneira na escolla de temáticas, en narrarse no acto de narrar, na independencia como actitude persoal e como linguaxe, nunha operación que ten como labor construír un produto pegado ao real.
Anna Turbau
Nada en Barcelona en 1949, Anna Turbau e fotoxornalista vinculada á contracultura e ao realismo fotográfico e documental.
A súa produción fotográfica en Galiza entre os anos 1975 e 1979 suscitou unha gran interese dentro do panorama artístico español, motivo polo que algunhas das súas fotografías foron adquiridas por prestixiosas institucións como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.