Abre no barrio da Milagrosa unha nova galería de arte

LugoXa
O xoves 30 de novembro ás 19:00h inaugúrase a galería Néboa con Non hai dúas sen tres da compostelá Carlota Pereiro (1988) na Rúa Lamas de Prado 31, Lugo.
neboa exposicion carlota pereiro portad
27 Nov 2023

O xoves 30 de novembro ás 19:00h inaugúrase a galería Néboa con Non hai dúas sen tres da compostelá Carlota Pereiro (1988) na Rúa Lamas de Prado 31, Lugo. A concepción desta exposición xurde no momento puntual no que a artista contempla unha das súas recentes obras e decátase da existencia dun mundo tríptico en forma de realidade arcana organizada arredor do número tres.

A regra do tres imponse en lemas e slogans. Liberté, égalité, fraternité. De feito, en latín existe a expresión omne trium perfectum traducido por todo o que vén en grupo de tres, é perfecto. O patrón dos tres elementos, aporta á escrita brevidade, facilidade para lembrar e ritmo. Introdución, nó e desenlace. Incluso os refráns e ditos populares inclúen o tres. Corre, vai e dille, na súa xenuina acepción. Tres, tres, tres… María, Xesús e Xosé; os tres elementos do átomo; os tres Reis Magos; as tres grazas; o trisquel; pasado, presente e futuro; pensamento, palabra, acción; sexo, drogas e rock and roll; sangue, súor e bágoas… Non hai dúas sen tres… O infinito inventario que alimenta o noso ideario colectivo no que se cobiza o equilibrio.

Pois ben, a tríade, a máxica conxunción que latexa no interior da artista e bule por saír, por espallarse e amosar o seu particular equilibrio ao facerse cor, forma e volume para encher o espazo, asolagando o branquecino marco de tres paredes baleiras, a base de retazos tomados espontáneamente, de xeito visceral e sen organización premeditada e cuxo conxunto, o todo como suma das partes, tenta transmitir a ledicia da súa percepción do mundo e facer do gozo a derradeira esencia da súa arte.

A GALERÍA

Néboa é unha galería de arte contemporánea, un espazo cuxa poética se centra na emoción, no sentimento máis que na razón. Nace coa vocación de representar a arte que conecte coas orixes, coa natureza, coa esencia.

A idea de Néboa naceu a principios deste ano. O nome da galería describe "a incerteza do que pode haber máis aló e non vemos, temos que aproximarnos para sentir o que nun primeiro momento intuímos, conceptualmente isto é extraordinario. Por outra banda, a beleza e sonoridad da palabra néboa lémbranos o fenómeno meteorolóxico máis característico de Lugo, queríamos que o nome da galería involucrase dalgún xeito a idea de ter que achegarse, aproximarse para poder abrazar a ARTE, para poder abrazar a cidade amurallada", explican os fundadores.

cadro de carlota pereiro2
cadro de carlota pereiro 1

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19677305221558