Abre no Castiñeiro a nova área infantil, con rocódromo e tirolesa

LugoXa
As familias do Castiñeiro dispoñen desde a tarde de onte dunha renovada área infantil, con rocódromo e tirolesa, como comprometeu a alcaldesa O parque, que incrementou a súa superficie en 250m2, conta con elementos inclusivos, tamén para nenos e nenas con trastorno de espectro autista.
nova area infantil castineiro
29 Nov 2023

As familias do Castiñeiro dispoñen desde a tarde de onte dunha renovada área infantil, con rocódromo e tirolesa, como comprometeu a alcaldesa

O parque, que incrementou a súa superficie en 250m2, conta con elementos inclusivos, tamén para nenos e nenas con trastorno de espectro autista.

Lara Méndez destacou “o compromiso do executivo municipal coa creación de espazos seguros e de lecer para o desenvolvemento dos máis pequenos”.

O recinto contempla, ademais, espazos para a convivencia interxeracional entre os que figura a área de pícnic, respectando as demandas das familias.

As familias do Castiñeiro dispoñen dende este martes dunha renovada área de xogos infantís, con rocódromo, tirolesa e elementos inclusivos, logo dos traballos de remodelación e ampliación executados polo Goberno de Lara Méndez, cun investimento de 352.342 euros, atendendo así ás peticións que a veciñanza do barrio lle fixo chegar á alcaldesa.

Esta tarde tivo lugar o acto de inauguración das novas instalacións “nas que as e os máis pequenos poderán gozar de tres xogos principais, entre eles dúas torres diferenciadas por idades, unha para os pequenos e pequenas de ata 5 anos e outra segunda pensada para o goce de nenos e nenas de ata 12 anos, así como un rocódromo e unha tirolesa”, explicou Méndez quen incidiu en que no deseño se tiveron en conta, fundamentalmente, as peticións dos e das usuarias.

A rexedora destacou “o compromiso do executivo municipal coa creación de espazos seguros e de lecer para o desenvolvemento dos máis pequenos”, ao tempo que resaltou a importancia da educación lúdica e a aprendizaxe a través do xogo, sinalando que o parque recentemente renovado “non só proporciona diversión, senón tamén oportunidades valiosas para o desenvolvemento cognitivo e físico dos nenos e nenas”.

Méndez expresou a súa satisfacción ao observar ás familias gozar das novas instalacións e fixo fincapé “no papel fundamental destes espazos na promoción dun estilo de vida activo e saudable para os nenos, fomentando a socialización e o xogo ao aire libre”. A alcaldesa concluíu a súa intervención reafirmando o compromiso continuo do Concello na mellora constante das áreas recreativas para o goce dos veciños e veciñas de Lugo.

A actuación, incluíu, ademais da ampliación da área de xogos –que se incrementou en 250 m²– a creación dun novo espazo humanizado con bancos e papeleiras para a estancia dos pais/nais e avós/avoas, co que se busca favorecer a convivencia interxeracional. Este espazo complementará a superficie de pícnic, que se mantivo, ao igual que se mantén todo o arboredo para non perder as zonas de confort. En total, actuouse nunha área de 659 metros cadrados.

Ademais, estes xogos son inclusivos, para permitir a socialización pero tamén adaptados para nenos e nenas con distintas capacidades. Incluíronse, así mesmo, elementos de abalo para uso individual e grupal, así como asentos xiratorios con deseño especial para crianzas con trastorno do espectro autista.

Coa mellora deste parque, o executivo de Lara Méndez continúa coa ampliación de espazos de lecer pensados para as e os máis pequenos, ben creando novas áreas ou renovando as existentes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19535708427429