Abre no HULA a mostra sobre dó perinetal
A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, acompañada de persoal sanitario da área de Humanización do HULA, abriron no hospital a exposición Arrolos ao Ar, unha mostra fotográfica sobre o dó perinatal. Cristina López explicou que “esta mostra visibiliza a dor das familias pola morte xestante, unha temática dura que debe ser visibilizada”.
A mostra poderá visitarse ata final de mes na segunda pranta do hospital, procedente do no novo espazo perinatal do Cemiterio Municipal, aberto a comezos de ano. Trátase dun espazo adicado ás persoas que perderon fillos durante a xestación ou ao pouco de nacer, que contan xa cun espazo específico no Cemiterio de Lugo, dando visibilidade a un tipo de dó moi presente na sociedade, mais que continúa a estar moi silenciado.
Esta mostra está enmarcada dentro das actividades polo 75 aniversario do Cemiterio Municipal, e a área de Participación contou coa colaboración de de diversas entidades e institucións. Cristina López convidou á veciñanza a visitar esta mostra e a coñecer o Cemiterio de Lugo, un dos cemiterios máis bonitos do mundo.