Abre o deporte e a cultura, e retómanse as clases presenciais en Galicia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Alberto Núñez Feijoo manterá a Galicia un tempo máis en alerta máxima ante a covid, pero levantou algunhas das restricións.
feijoo rolda de prensa
15 Feb 2021

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, manterá a Galicia un tempo máis en alerta máxima ante a covid, pero levantou algunhas das restricións ás que está sometida a comunidade autónoma.

Segundo explicou, teñen preparado un calendario de reaperturas graduais que en primer lugar implican manter a hostalaría pechada polo menos unha semana máis. Ao mesmo tempo que se mantén o peche perimetral concello a concello sen alméndoas.

Así, entre as medidas que implican unha reapertura está:

  • As clases presenciais en conservatorios e academias retomarase o luns 22 de febrerio agás para instrumentos de vento.
  • As clases presenciais nas universidades darán comezo o 1 de marzo e manterán as clases on line. Farase un cribado entre o alumnado ao que invitan a todos a participar.
  • O comercio recupera o seu horario de antes do peche pero mantendo o aforo ao 50%. Os centros comerciais permanecerán pechados as fins de semana.
  • Recupérase  a competición deportiva regulada de carácter autómico e volven abrir as instalacións deportivas  ao aire libre.
  • Tamén volve a actividade cultural co aforo ao 30%
  • Reapertura do interior de restaurantes de estacións de servicios en vías de altas prestacións para que os transportistas acreditados podan comer de forma individual.
  • As visitas nos centros de maiores coa vacinación completa dende hai dez días aumentarán de 1 a 3 días á semana e con dous familiares.
  • Retómase as saídas de fin de semana para os centros de discapacidade tamén coa vacinación completada.

Todas estas medidas agás as dúas primeiras, entrarán en vigor o mércores trala publicación durante o día de hoxe das novas medidas no DOG.

O presidente avanzou tamén que a hostalaría terá que integrarse nun plan indicou que se chamará Hostalaría Segura e que contará con contadores de aforos, rexistros de entrada e máximo control de apertura por parte dos alcaldes de cada concello.

Feijóo avanzou que a próxima reunión do comité de expertos, o luns 22 volverá a analizar a situación e ver a posibilidade de abrir os ximnasios e a hostalaría así como as reunións de non convivintes.

Indicou tamén que a vacinación continuará agora cos maiores de 80 anos.

0.21465802192688