Abre o prazo de inscrición na escola infantil de Friol

O Concello de Friol abrirá o luns o prazo de preinscrición na escola infantil municipal. Poderán presentar a documentación necesaria para solicitar praza, ou reservar a que teñen do presente curso, as familias con nenos e nenas menores de tres anos, que queiran asistir este próximo curso 2026-2027. Poderán facelo ata o 30 de abril.
Para todas as familias interesadas, o modelo de solicitude, así como a documentación requirida, poderán rexistrala en horario de mañá, de 9:00 a 14:30 horas nas Oficinas Municipais tendo preferencia os que xa están a utilizar o servizo. Para calquera dúbida ou aclaración poden chamar ao teléfono do Concello, ou descargar os impresos e a información que precisen da web (www.concellodefriol.es).
O alcalde, José Ángel Santos, indicou que “o Concello está e estará ao lado das familias que precisan dispoñer de servizos de conciliación, para poder compaxinar a vida laboral e persoal do mellor xeito posible, e para que iso non sexa unha limitación á hora de vivir no noso pobo.