Abre o prazo de matrícula para as Aulas da Terceira Idade en Monterroso

O Concello de Monterroso vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas Aulas da Terceira Idade correspondentes ao curso 2025/2026. O prazo estará aberto do 1 ao 19 de setembro.
Esta iniciativa ofrece un programa dirixido ás persoas maiores co obxectivo de fomentar o envellecemento activo e mellorar a súa calidade de vida.
As actividades inclúen ximnasia de mantemento, obradoiros de memoria e memoria de apoio, combinando exercicio físico e estimulación cognitiva.
As persoas interesadas poderán obter máis información no Espazo Lorenzo Varela e formalizar a súa inscrición de forma presencial.