Abre o prazo de prematrícula da ocioteca de Monterroso

LugoXa
Trátase dunha gran opción para os nenos e nenas pola que apostan dende o Goberno municipal para facilitar a conciliación
ocioteca-monterroso
25 Ago 2024

O Concello de Monterroso abre o prazo de pre-matrícula na Ocioteca municipal para todas aquelas familias interesadas en anotarse. Poden formalizar a súa pre-matrícula no Espazo Lorenzo Varela ata o 30 de agosto en horario de 08.30 a 14.00 horas.

Trátase dunha gran opción para os nenos e nenas pola que apostan dende o Goberno municipal para facilitar a conciliación familiar no municipio. No último curso xa apostou polo servizo coa súa apertura tamén os sábados en horario de 9.00 a 14.00 horas. A ampliación do horario levouse a cabo tendo en conta as peticións dos pais e nais e as súas necesidades de conciliación. As persoas que precisen máis información poden facer as súas consultas no Concello de Monterroso.

0.12011313438416