Abre o prazo de solicitude dos hortos urbanos dos Paxariños

LugoXa
A área de Medio Ambiente informou que autoriza o procedemento para adxudicar os Hortos Urbanos dos Paxariños
hortos urbanos paxarinos
30 sep 2021

A área de Medio Ambiente informou que logo de publicarse hoxe o decreto que autoriza o procedemento para adxudicar os Hortos Urbanos dos Paxariños, as persoas interesadas en concorrer á súa adxudicación poderán presentar, dende mañá, xoves, 30 de setembro, a súa solicitude durante os vindeiros 15 días.

Para iso deberán entregar cumprimentado o modelo normalizado de instancia Solicitude: Convocatoria Hortos Urbanos xunto ao resto de documentación que se indica. A listaxe provisional de admitidos exporase ao público, tanto no Taboleiros de Edictos como na web do Concello, 8 días despois de que remate o prazo para concorrer, tempo no que se avaliarán as solicitudes, e as persoas inscritas contarán cun período doutros 15 días para presentar as reclamacións que consideren oportunas antes de que se comuniquen as listaxes definitivas”, explicou o concelleiro Miguel Fernández.

Terán preferencia entre as e os solicitantes aquelas persoas que sexan desempregadas, pensionistas, que teñan menos capacidade adquisitiva e/ou menos patrimonio persoal.

O edil indicou tamén que, “mentres tanto, aproveitaremos estas semanas para proceder a voltear a terra e deixala preparada para a próxima tempada para o que xa contratamos os traballos de roza e acondicionamento necesarios”.

As persoas que non resulten beneficiarias pasarán a integrar unha bolsa de suplentes, que tamén se ordenará conforme á valoración acadada na fase de baremo, e da que se botará man en caso de renuncia ou perda do dereito de calquera das persoas adxudicatarias.

A área de Medio Ambiente pon, así, a disposición da veciñanza unha extensión de máis de 3.000 de zona verde, ubicada entre a Rolda das Fontiñas e o paseo fluvial do Rato - a carón da barrio do Xuíz - como espazo de convivencia social ao redor da labranza individual de pequenas parcelas para autoconsumo.

Logo de acondicionar o recinto xa no anterior mandato, a primeira adxudicación destes terreos vén de caducar polo que o Executivo local tramitará agora o procedemento para asignalos, de novo, á cidadanía interesada.

En total, entregaranse 32 parcelas de, en torno aos 30 cada unha, separadas entre elas por pantallas vexetais. A zona conta tamén con espazos dotacionais como estacionamentos e unha caseta de madeira para a garda de apeiros de labranza e material de traballo, así como fontes de rega adaptadas á contorna e mesas e bancos de uso público.

Entre as normas de utilización das parcelas, cobran especial importancia unha serie de normas relacionadas coa utilización das mesmas como pode ser que deben predominar os cultivos autóctonos, é dicir, plantas comestibles de tradición hortícola, plantas aromáticas e tamén medicinais.

0.20977997779846