Abre o prazo do concurso para escoller o cartel do San Froilán

LugoXa
Ponse en marcha en Lugo unha nova edición do concurso de deseño gráfico co que se escollerá cartaz para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2023.
19 Abr 2024

Ponse en marcha en Lugo unha nova edición do concurso de deseño gráfico co que se escollerá cartaz para o San Froilán e o San Froilán Miúdo 2023. Maite Ferreiro explicou que "as persoas participantes poderán presentar cantas obras desexen, sempre que sexan orixinais".

Os interesados poden presentar os seus traballos ata o 19 de xuño en formato dixital JPG, cunhas dimensións de 50x70 centímetros e con 72ppp de resolución, en soporte cd ou lapis de memoria. Ademais, poderanse enviar tamén por enderezo electrónico a cultura@lugo.gal, indicando no asunto Cartel San Froilán 2024.

Os traballos serán presentados de forma anónima, con lema, acompañando un sobre co mesmo lema no exterior, e dentro os datos persoais do participante. Se presentan o cartel dixitalmente, estes datos deberán presentarse nun documento aparte. Un xurado cualificado será o encargado de escoller a obra que represente esta festa, que será premiada cun importe de 2.000 euros. Maite Ferreiro animou ás deseñadoras e deseñadores lucenses "a demostrar a gran calidade dos seus traballos e ser a imaxe do evento cultural máis grande de Lugo".

0.099066972732544