Abre o prazo para anotarse ás actividades de verán de Rábade

O Concello de Rábade abriu o prazo de inscrición para as actividades de verán que se celebrarán dentro do programa Rapatiando 2025, unha iniciativa dirixida á infancia e mocidade con actividades educativas, deportivas e de lecer ao longo do ano.
O 23 ao 27 de xuño terá lugar o Campus Patinaxe no Pavillón Municipal, mentres que do 7 ao 11 de xullo desenvolverase o Campamento de Verán, con actividades de 10:00 a 20:00 horas. Durante todo o mes de xullo, tamén se celebrará o Campamento Urbano de 9:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural.
A mocidade de cursos superiores poderá participar en saídas especiais dentro da iniciativa Mocidade en Acción, con visitas ao Aquapark de Cerceda o 26 de xuño e actividades en Viveiro o 8 de xullo. Ademais, do 2 de xullo ao 13 de agosto, os luns e mércores realizarase a actividade Coñecendo o Miño, para descubrir máis sobre o medio natural da contorna.
As prazas son limitadas e a inscrición estará aberta ata o 6 de xuño na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade. O programa conta co apoio da Xunta de Galicia e a Consellería de Igualdade.