Abre o prazo para as actividades extraescolares do programa 'Portomarín Concilia'

LugoXa
As propostas inclúen patinaxe, zumba infantil e multideporte para nenos e nenas de 3 a 12 anos
portomarin-colexio-virxe-da-luz
2 Sep 2025

O Concello de Portomarín puxo en marcha o prazo de inscrición para participar nas actividades extraescolares do programa 'Portomarín Concilia' correspondente ao curso escolar 2025-2026. As solicitudes poderán formalizarse a partir do martes 2 de setembro e ata o luns 16 do mesmo mes.

As propostas inclúen patinaxe, zumba infantil e multideporte, todas elas pensadas para fomentar a conciliación familiar, impulsar o traballo en equipo e favorecer a socialización fóra do horario lectivo.

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e contará cun máximo de 20 prazas por grupo e día. O inicio das actividades está previsto para o 1 de outubro.

Con esta iniciativa, o Concello reforza a súa aposta por ofrecer alternativas de ocio educativo que contribúan á formación integral da infancia e axuden ás familias a compatibilizar as súas responsabilidades laborais e persoais.

⚙ Configurar cookies
0.18329906463623