Abre o prazo para inscribirse na excursión a Mugardos organizada por Benestar

LugoXa
A área de Benestar convida á cidadanía lucense a coñecer Galicia, este verán, cun programa de excursións culturais
Excursions 2023 portada
26 Xuño 2023

A Festa do Polbo de Mugardos, a da Pescada do Pincho de Celeiro, a do Bonito de Burela, a Queimada Popular de Cervo e a Feira Franca de Pontevedra. Estes son os cinco destinos que a área de Benestar Social, que dirixe Olga López Racamonde, propón á cidadanía lucense para gozar das fines de semana do verán.

A edil daba a coñecer a programación de excursións coas que se pretende diversificar a oferta de ocio municipal, incluíndo viaxes a puntos de interese da comunidade autónoma en datas sinaladas nas que se exaltan produtos da gastronomía local.

As viaxes terán lugar os sábados alternos, dende o 8 de xullo e ate o 2 de setembro, sendo a Praza de Bretaña o seu punto de partida (09:00 horas) e de chegada (ás 21:00 horas).

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a semana anterior a cada saída – entre o luns e o mércores - e entregar a súa solicitude de forma presencial (entre as 09:00 e as 13:00 horas) nun Centro de Convivencia concreto, en función do destino do que se trate.

A concelleira destacou que “a proposta está pensada, unha vez máis, como actividade recreativa coa que queremos favorecer e fomentar a socialización inclusiva da veciñanza, de xeito que se mantén aberta a todos os públicos”.

Benestar Social habilitou 50 prazas por actividade e o seu custo será de 4’12 euros (para cada excursión), en concepto de gastos de desprazamento en autobús, mentres que o xantar correrá a cargo de cada participante.

Excursións

A primeira saída será o sábado, 8 de xullo á Festa do Polbo de Mugardos. A inscrición é no Centro de Convivencia da Milagrosa. A segunda, o sábado 22 de xullo corresponde á Festa da Pescada do Pincho de Celeiro. Inscrición no Centro de Convivencia da Lamas de Prado.

Continuará o 5 de agosto co Feira do Bonito de Burela, que ten a inscrición no Centro de Convivencia Maruja Mallo. O 19 de agosto será a vez da Queimada Popular de Cervo. A inscrición é no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Rematarán o 2 de setembro coa Feira Franca de Pontevedra. A inscrición é no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

excursions ferias gastronomicas galicia lugo
0.10160708427429