Abre o prazo para inscribirse na xuntanza de xubilados e pensionistas de Rábade

O Concello de Rábade abriu o prazo para retirar as tarxetas da Xuntanza de Xubilados e Pensionistas, que se celebrará o vindeiro 27 de abril no Restaurante Asador Coto Real.
O prezo da tarxeta será de 8 euros para xubilados e pensionistas empadroados no municipio, mentres que os acompañantes ou persoas non empadroadas deberán aboar 40 euros.
O pagamento poderá realizarse a través de tres opcións, no propio Concello, pagando con tarxeta mediante TPV; a través da aplicación de Abanca, utilizando o número de conta do Concello ou presencialmente na entidade bancaria, dentro do horario de atención ao público, facendo o ingreso na conta do Concello.