Abre o prazo para os campamentos de verán en Lugo

LugoXa
As actividades desenvolveranse durante as meses de xullo e agosto nas dúas Casas das Linguas, no MIHL e no Vello Cárcere
conciliacion_imaxe_recurso
Imaxe de arquivo
1 Jun 2024

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou unha nova edición dos campamentos de verán organizados nas distintas instalacións dependentes da Área. Segundo informou Ferreiro, “queremos facilitar a conciliación ás familias ao mesmo tempo que achegamos ás nenas e nenos novos coñecementos de maneira lúdica”.

As actividades organizadas nas Casas das Linguas municipais estarán orientadas para nenos e nenas nadas entre o 2014 e 2020 ambos incluidos, e levaranse a cabo en dúas quendas, do 1 ao 12 de xullo e do 16 ao 31 de agosto, en horario de 09:30 a 13:30 en cada unha das Casas, e cunha participación de 15 nenas e nenos en cada unha das actividades.

Para solicitar unha praza, debe contactarse mediante correo electrónico ou en persoa na Casa das Linguas desexada, entre o días 3 e o 12 de xuño. Os enderezos de correo electrónico habilitados son casa.linguas@lugo.gal para a Casa das Linguas da Estrada da Granxa ou no enderezo casa.linguas.balteira@lugo.gal para a Casa das Linguas María Balteira. Cada alumna ou alumno só poderá solicitar unha quincena, e as solicitudes para irmás e irmáns deberán remitirse no mesmo correo, indicando en todos os casos o nome e a quincena solicitada. A listaxe de admitidos publicarase o 14 de xuño.

As actividades do Vello Cárcere terán lugar entre o 1 de xullo e o 6 de setembro, e están destinadas a nenas e nenos nados entre o 2012 e 2020, ambos incluídos. Organizaranse 5 quendas, con 20 nenas e nenos en cada unha. As solicitudes poderán realizarse de xeito presencial no Vello Cárcere, en horario de 10 a 14 horas, ou no enderezo vellocarcere@lugo.gal, dende o 3 de xuño até o 12 de xuño ás 20 horas. A listaxe de admitidos publicarase o 14 de xuño.

As actividades organizadas no MIHL estarán orientadas para nenos e nenas nadas entre o 2012 e 2020, ambos incluidos, e levaranse a cabo en 11 quendas semanais do 24 de xuño ao 6 de setembro de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. As solicitudes poderán realizarse por orde de inscrición no correo electrónico museo.mihl@lugo.gal ou de xeito presencial no centro. Os prazos son do día 3 ao 12 de xuño para as semanas con data de comezo nos meses de xuño e xullo; e do día 1 ao 10 de xullo para as semanas con data de comezo nos meses de agosto e setembro. A listaxe de admitidos publicarase o 14 de xuño para as semanas de xuño e xullo, e o 12 de xullo para as semanas de agosto e setembro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18403911590576