Abre o prazo para presentar alegacións ao orzamento municipal
O pasado día 30 de decembro publicábase no Boletín Oficial da Provincia a exposición pública do orzamento municipal de Lugo para 2024 cun prazo de 15 días para presentar alegacións.
A veciñanza ten agora este mecanismo para lograr que a súa voz se escoite e intentar que se aproben partidas que atendan ás necesidades que consideran prioritarias para as súas asociacións ou para a mellora de servizos públicos.
De conformidade co art. 170.1 TRLRHL, teñen a condición de interesados a efectos de efectuar reclamacións durante o prazo de exposición pública os habitantes no territorio da respectiva entidade local; os que resulten directamente afectados, aínda que non habiten no territorio da entidade local, e os colexios oficiais, cámaras oficiais, sindicatos, asociacións e demais entidades
legalmente constituídas para velar por intereses profesionais ou económicos e veciñais, cando actúen en defensa dos que lles son propios.