Abre o prazo para solicitar a admisión na escola infantil de Outeiro de Rei

Ata o 30 de abril estará aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2025/2026 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.
Durante este período de tempo, os pais/nais ou titores dos menores que estean na actualidade matriculados na escola infantil deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na mesma no próximo curso.
Paralelamente, os pais/nais ou titores de menores que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.
Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei e tamén descargarse na web municipal, dentro do banner de conciliación familiar.