Abre, renovado, o parque infantil da rúa Río Mandeo en Lugo

LugoXa
A alcaldesa de Lugo e o edil de Medio Ambiente comprobaron o estado final dos traballos antes de proceder á apertura do parque.
parque infantil rio mandeo
16 Jun 2022

O Concello de Lugo vén de abrir, de novo, o parque infantil da rúa Río Mandeo, logo da súa renovación. Así o explicou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández.

A alcaldesa e o edil supervisaron o estado final dos traballos antes de proceder á apertura ao público do recinto, que foi modernizado no seu conxunto para incrementar a súa versatilidade e atractivo.

Ademais da instalación de novos elementos de xogo, integradores e accesibles, estes se introduciron xa no propio pavimento coa substitución do firme anterior por outro de caucho, máis colorista, duradeiro e confortable. “Incrementamos así a seguridade de toda a área, na que se renovou, alén, o peche perimetral de madeira, en prol de incrementar a protección das crianzas e facilitar a súa vixilancia dunha maneira cómoda para todas as persoas usuarias”, aclarou Lara Méndez.

A rexedora afirmou que a intervención pretende dar resposta ás demandas trasladadas pola veciñanza da zona, “avanzando así na materialización do Plan Integral de Reforma dos Parques Infantís da cidade e a través do cal melloramos xa as dotacións doutros barrios como a Avenida das Américas ou San Roque, que nos próximos días xa quedará habilitada definitivamente mentres desenvolvemos outros labores de acondicionamento dos xardíns para que toda a contorna luza igual de fermosa”, avanzou.

A este respecto, o responsable de Medio Ambiente recordou que este espazo, próximo á Porta de San Pedro, emulará un bosque de cabanas, con diferentes divertimentos para as e os máis pequenos da casa “que poderán dispoñer, ao carón do Centro Histórico, dun lugar de socialización privilexiado, no que as figuras e xogos colocados fomentarán, seguro, a súa curiosidade e aprendizaxe e contribuirán, alén, a potenciar a súa psicomotricidade dunha maneira lúdica, dentro do concepto de recintos innovadores que estamos a implantar no concello e que moi pronto chegarán tamén á Fonte dos Ranchos”, asegurou Miguel Fernández.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1239058971405