Abre unha mostra da obra de Albino Fernández no Museo Provincial de Lugo

LugoXa
A inauguración está prevista para este xoves ás 19 horas e estará ata o 15 de setembro neste espazo
exposicion-albino-fernandez
Cartel
16 Xul 2024

O Museo Provincial de Lugo inaugura este xoves, 18 de xullo, unha exposición centrada na obra de Albino Fernández. O acto, ás 19 horas, será a presentación desta mostra que estará presente no espazo cultural lucense ata o 15 de setembro. A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da RMP Encarna Lago e a directora do museo Aurelia Balseiro convidan a todo aquel que queira coñecer o traballo deste artista.

A exposición, que percorre a vida artística de Albino Fernández, está producida polo Museo de Artes do Gravado Estampa Dixital de Ribeira e conta coa colaboración do Consulado Xeral da República Arxentina en Vigo.

O proxecto está comisariado por Xoan Pastor Rodríguez Santamaría -director do Museo do Gravado- e Carlos L. Bernárdez, autores dos textos do catalogo desta mostra. A exposición conta ademais con vídeo producido para a soa exhibición en sala elaborado polo documentalista Xan Leira.

Fernández é un artista nacido na migración, en Cuba, e tras un paso por San Pedro de Viana, en Chantada, acompañou aos seus pais a Bos Aires, na Arxentina, onde colaborou coa diáspora galega en diferentes accións. A súa formación artística vai facerse nun contexto cultural marcado a grandes trazos por dúas tendencias plásticas, por doas maneiras de entender a acción artística desde a contemporaneidade: unha, a dunha modernidade avanzada, e a outra, a da vangarda abstracta.

O horario de visita será de martes a sábado de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.30, os domingos o horario será de 10.00 a 15.00 horas.

0.18845105171204