Abre unha nova mostra no Vello Cárcere

LugoXa
A concelleira Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, inaugurou a mostra Máis aló do tempo, unha compilación de obras do pintor lucense Jesús Lázare Maite Ferreiro indicou “a este pintor coñecémolo pola súa magnífica obra”, e destacou que “os seus pinceis expresan o excepcional caudal da súa arte”.
mostra jesus lazare vello carcere
4 Oct 2023

A concelleira Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, inaugurou a mostra Máis aló do tempo, unha compilación de obras do pintor lucense Jesús Lázare

Maite Ferreiro indicou “a este pintor coñecémolo pola súa magnífica obra”, e destacou que “os seus pinceis expresan o excepcional caudal da súa arte”.

Os rostros de Lázare son inocentes, doces e fortes á vez, galegos sempre. A súa obra é racialmente galega, e fai xustiza á terra e ás xentes, aos devanceiros e a el mesmo, deixando constancia do aprendido na gran escola do vello rural.

A mostra pode visitarse no Vello Cárcere, , no espazo correspondente á segunda planta das celas de homes, ata o vindeiro 30 de novembro.

Jesús Lázare

Aos oito anos da súa presentación artística en Madrid, Lázare (Jesús López Lázare. Lugo, 1960), expón no Vello Cárcere para volver facer partícipes ás e aos lucenses dos avances no seu concienzudo traballo.

As obras son actuais pero a temática, a fonte, afonda na profundidade do pasado, xa que Lázare aínda viviu tempos nos que a oralidade era esencial, e dos seus avós soubo da Galicia cada vez máis distante pola separación que van marcando a desmemoria, a modernidade mal entendida cando non se comprende que o verdadeiramente valioso é poñer en valor a cultura que herdamos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17888402938843