Abren as inscricións para o servizo de Almorzos Saudables do CEIP de Monterroso

LugoXa
As familias interesadas poderán inscribirse a partir do luns 2 no Espazo Cultural Lorenzo Varela
Imaxe recurso dun comedor escolar
1 sep 2024

O Concello de Monterroso abre as inscricións para o servizo de Almorzos Saudables no CEIP Monterroso. A proposta está destinada aos alumnos e alumnas do CEIP do municipio. As familias interesadas poderán inscribirse a partir do luns 2 no Espazo Cultural Lorenzo Varela.

Este servizo, que comezará o 12 de setembro, está financiado polo Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e ten como obxectivo principal facilitar a conciliación familiar. Ademais, ofrecerá aos nenos e nenas unha alternativa de almorzo nutritiva e equilibrada para comezar o día con enerxía.

O Concello de Monterroso anima ás familias a participar nesta iniciativa que busca mellorar a saúde e o benestar dos máis pequenos, ofrecendo un inicio de xornada saudable e apetecible.

0.10093402862549