Abren as inscricións para o VII Desafío San Miguel de Monterroso
LugoXa
Ofrecen a modalidade dunha ruta longa de 52 quilómetros e unha versión curta de 36 quilómetros
12 Ago 2024
Abren as inscricións para o VII Desafío San Miguel que terá lugar o 15 de setembro en Monterroso. A proba comezará ás 09.30 horas na Praza do Conselleiro Fernando Salgado do concello de Monterroso e mantén como principal obxectivo desfrutar da bicicleta. Na xornada haberá servizo de ambulancia, avituallamento de sólidos e líquidos, lavado de bicis e pinchos finais.
Ofrecen a modalidade dunha ruta longa de 52 quilómetros e unha versión curta de 36 quilómetros. As inscricións teñen un prezo de 17 para os federados e de 27 para os non federados conta coa colaboración da Deputación de Lugo e do Concello de Monterroso. Os interesados xa poden realizar as súas inscrición a través de CC Norte.