Academia El Búho: “Temos grupos cun máximo de 3 nenos para ofrecer unha educación de calidade”

LugoXa
Cristina Álvarez e Pablo Alén apostan por un enfoque práctico orientado cara o futuro profesional e inspirado no modelo suízo na súa academia de reforzo e idiomas en Lugo
Academia-El-Búho
Cristina Álvarez Recamán e Pablo Alén Martínez da Academia El Búho
31 Ago 2024

Lucía Blanco

“Suplir as faltas do sistema educativo inspirándose no modelo suízo”. Baixo esta filosofía traballan Cristina Álvarez Recamán e Pablo Alén Martínez da Academia El Búho, que non é un centro convencional. Os grupos reducidos, a atención individualizada e o enfoque práctico e orientado cara o futuro profesional caracterizan as súas clases particulares de reforzo de Primaria, ESO e Bacharelato. “Consideramos que se unha persoa está pagando por un servizo privado ten que ter a máxima atención. Temos grupos cun máximo de 3 nenos, porque queremos que sexa unha educación de calidade e iso non o podemos facer cun grupo máis extenso”, conta Cristina.

Ademais, ofrecen cursos de perfeccionamento de alemán, italiano, inglés, do que se encarga Pablo que viviu en Manchester, e francés, que imparte Cristina. “É a lingua dos organismos oficiais e ábrelles portas aos rapaces a nivel profesional. É un éxito rotundo. Este ano fomos aos exames oficiais de Alliance Française e aprobaron todos. Eu son suíza e española, de aí ese enfoque que resulta curioso. Intento trasladar o que me ensinaron en Suíza e traelo aquí”.

Esta avogada de formación tamén se encarga de preparar a alumnado para as oposicións. “É un ámbito descoñecido para os rapaces. Moita xente non ten nin idea de como se pode ser funcionario en todos os empregos públicos que hai. Por exemplo, preparamos para policía e os nenos pensan que tes que ir á universidade e non é obrigatorio”. Trátase dun tipo de atención que agradecen tanto as familias como os rapaces. De feito, entre os seus matriculados contan con casos de TDAH. “Estivémonos informando cun especialista que nos recomendou que tiñan que ser tratados coma os demais pero cunhas actividades máis dinámicas. Adaptámonos aos informes e ás recomendación dos especialistas en cada caso e funciona”.

En El Búho apostan por axudar a encamiñar o súa traxectoria académica grazas a testemuños reais: “De primeira man é cando realmente se pode ver e preguntar como é unha profesión”.  Por iso puxeron en marcha un campamento urbano este verán co obxectivo de “trasladar a falta que hai na sistema educativa español e mostrarlles o que é o punto de vista práctico para que teñan claro o seu itinerario académico, porque dependendo do que queiras facer estudias unha cousa ou outra”. A iniciativa incluíu obradoiros de judo, billar e primeiros auxilios e visitas ao Colexio Oficial de Médicos, a clínicas veterinarias ou a estudos de arquitectura sempre adaptadas ás demandas dos alumnos.

Campamento urbano

“Intentamos organizar visitas, encontros e charlas enfocadas aos rapaces que teñen unha vocación clara e tamén para aqueles que queren saber máis sobre unha materia a raíz dos talleres”.  Por exemplo, entre os seus participantes encontrábase un futuro arquitecto. “Tivemos moitos talleres de construción e enxeñaría e fomos a unha empresa de reformas e un estudo de arquitectura. Ensináronlle todos os programas que usan e ese rapaciño cunha sinxela aplicación xa monta uns planos”. Outra das compañeiras decantábase pola creatividade e o mundo artístico. “Prestámoslle unha parede e coa miña axuda fixemos un mural. Contamos coa visita de Diego As que nos deu a súa opinión e os seus consellos que a animaron moito”.

Estas propostas sumáronse ás horas de inglés “con actividades de todo tipo, porque non é unha clase convencional”. Por exemplo, “está o xogo dunha pizza no que eles teñen que ir poñendo os ingredientes e pedindo. Son moi pequeniños pero intentamos, nunha situación real e mediante o xogo e a diversión, que vaian aprendendo a falar, a formular preguntas e a adquirir vocabulario”, afirma. O bo sabor de boca que deixou esta iniciativa levounos a moitos a seguir neste curso na academia, que ofrece matrícula gratuíta e un horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e algúns sábados.

“Moitos repiten e outros coñecéronnos a raíz do campamento e animáronse a apuntarse con nós”. Porque mediante o seu trato próximo a través de grupos pequenos, a súa metodoloxía lúdica e o seu enfoque cara o mundo laboral logran os garantir bos resultados académicos do alumnado. “Están encantados, ademais temos un patio onde poden xogar e cos máis pequenos tamén aproveitamos a facer actividades dinámicas fóra se fai un bo día porque sabemos que pasan moito tempo sentados”.

 

0.19578313827515