Academia JM Rivas repartiu tres tabletas ás mellores notas da PAU

Tres estudantes de Segundo de BAC da Academia JM Rivas de Lugo recibiron como premio ás súas notas tres tabletas da marca Lenovo.
Tal e como se prometera, o centro de estudos tiña previsto entregar unha á mellor nota do PAU deste ano e outra a través de sorteo, pero debido ao empate de dúas mozas coa nota máis alta, entregaron dúas para elas e unha terceira do sorteo.
Academia JM Rivas quixo premiar deste modo o esforzo realizado por todos os estudantes que participaron no curso intensivo de preparación da proba da universidade que convoca todos os anos cun gran éxito de participación e de resultados.
A PAU é unha proba que ten moito que dicir no futuro profesional dos aspirantes, xa que a nota media coa que rematan a proba acota as carreiras ás que poderán optar. Superar esta fase cunha cualificación alta é importante polo que en JM Rivas realizan este curso intensivo que axuda a todos os que participan a elevar a súa media e ter así máis opcións de futuro.
Este ano foi aínda máis importante a súa preparación xa que se estreaba novo formato competencial na PAU, que prioriza a aplicación práctica dos coñecementos, polo que os novos exames deste ano incluíron máis preguntas contextualizadas e prácticas, onde se tiña que amosar a capacidade de análise, pensamento crítico e resolución de problemas.
O obxectivo do curso intensivo é repasar as materias nas que teñen máis problemas, de forma totalmente individual e personalizada, adaptándose tamén ao ritmo de cada alumno.
Ademais de resolver dúbidas e repasar os temas fundamentais, realizan esquemas cos conceptos básicos, preparan as probas de fonética e redacción do exame de inglés, e traballan coa gramática e os comentarios de textos, a base das probas da PAU.
O equipo de profesores é especialista nas materias que ensinan e conta con material propio, entre os que se atopan exercicios de exames, conceptos fundamentais, esquemas, resumos, etc. Ademais realizan clases individuais.
EXPERIENCIA
JM Rivas é unha academia de gran tradición e experiencia en Lugo. Comezaron no ano 1986 pero desde 2005 ocupan as instalacións actuais na rúa Doutor Fleming.
Empezaron dando apoio aos estudantes de ESO e Bacharelato pero pouco a pouco foron ampliando o seu campo de acción e agora traballan tamén co alumnado universitario e preparan as oposicións, entre outros servizos.
As principais liñas de traballo desta academia son as clases en grupos reducidos, para garantir a aprendizaxe, ou individual si a materia así o require.