Acometen obras de mellora na escola infantil Gregorio Sanz
O Concello de Lugo informou sobre o comenzó de obras na Escola Infantil Gregorio Sanz para "así mellorar os espazos ocupados polas crianzas que asisten diariamente á esta escola infantil".
Os traballos de mellora das instalacións supera os 5.000 euros e continuarán nos seguintes periodos vacacionais para completar as necesarias intervencións e a superación de carencias que ven arrastrando o edificio dende épocas proximas a súa construcción. Esta intervención realizase con fondos do propio Concello ao non aportar nada a Xunta de Galiza que é a verdadeira responsable da educación nestas idades.
Os traballos consisten na transformación da soleira do patio exterior e o recubrimento de elementos verticais cun material anti-impactos de última xeneración. O recubrimento de zonas de xogo situadas no espazo exterior e o tratamento na zona transición para evitar a presenza de raios ultra violeta no interior.
O incremento da temperatura detectado por técnicos, e persoal da propia escola, vai ser atenuado cun tratamento especial para evitar a entrada de raios ultra violeta no interior da escola. Esta serie de actuacións melloraran a estancia no centro das crianzas e a súa execución durante as vacacións de nadal evitarán as inevitables moletias que sempre producen as obras.