Acordo para pedir á Xunta a paralización das vivendas sociais do Castiñeiro

LugoXa
Psoe, BNG, PP e Ciudadanos chegan a un acordo para solicitar á Xunta de Galicia a paralización do proxecto de vivendas sociais no Castiñeiro.
Praza do Castiñeiro
30 Mar 2023

Psoe, BNG, PP e Ciudadanos chegan a un acordo para solicitar á Xunta de Galicia a paralización do proxecto para a construción de vivendas sociais no Castiñeiro. 

Tras as demandas da veciñanza, as distintas forzas políticas acordan instar á Xunta de Galicia a que, de maneira inmediata, paralice oficialmente o proceso de adxudicación da redacción do proxecto e dirección de obra das vivendas sociais en O Castiñeiro.

Tamén se solicita que retome a construción das vivendas sociais na primeira localización prevista en Garabolos así como a que solicite como propietaria das parcelas parcelas C e E da Rúa Ramón Piñeiro en Lamas de Prado, que o Concello de Lugo realice unha modificación puntual do PXOM para modificar o uso residencial. 

Unido a esto instan á Xunta a acadar o compromiso de estudar as demandas que trasladan os veciños do Castiñeiro.

0.17227411270142