Acruga celebrará en Pedrafita do Cebreiro a súa derradeira subasta do ano

LugoXa
Neste recinto gandeiro, Acruga sempre consegue bos resultados, polo que a organización agarda boas vendas e cotizacións para as dez novillas preñadas que se presentarán
poxa-xovencas-pedrafita-granxa-gayoso
20 Nov 2024

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, Acruga, celebrará en Pedrafita do Cebreiro a súa derradeira subasta do ano.

Neste recinto gandeiro, Acruga sempre consegue bos resultados, polo que a organización agarda boas vendas e cotizacións para as dez novillas preñadas que se presentarán á subasta.

Todas elas chegan a Pedrafita procedentes da granxa Gayoso Castro, onde a Deputación de Lugo xestiona o centro de recría no que se seleccionan os mellores exemplares que van a este tipo de poxas.

En Pedrafita as novillas preñadas da granxa Gayoso Castro sempre consiguen boas cotizacións, como ocorreu na subasta celebrada o pasado mes de abril, no que o prezo medio dos seis animais presentados e adxudicados lograron un prezo medio de 2.758 euros, aínda que unha delas alcanzou os 3.150 euros no anel de subastas.

Neste caso, poderase poxar por dez novillas preñadas duns seis meses, con idades comprendidas entre os 23 e os 28 meses, e con moi boas cualidades como o demostran as xeonealoxías nas que figuran sementais como Colón AG, Cubillón AG, Xeitoso AG, Pokemón AG ou Pavaroti AG, entre outros.

O prezo de saída será de 2.300 euros, coa axuda á compra que aporta Caixa Rural Galega para cada un dos exemplares de 200 euros. A retirada de tarxetas, poderase facer, como sempre, desde unha hora antes do comezo da subasta, no mesmo recinto gandeiro.

Esta subasta é a segunda que se celebra no que vai de ano en Pedrafita do Cebreiro, que sempre acolle unha poxa en abril e outra en setembro. Esta última tivo que aprazarse por problemas derivados da EHE.

Este subasta é parte do programa desenvolvido pola Deputación de Lugo para a dinamización e potenciación da Raza Rubia Galega nas explotacións lucenses.

0.19950103759766