Acruga rende unha homenaxe a 27 criadores xubilados con explotacións na provincia

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O presidente da asociación e varias autoridades estiveron presentes no acto para participar na entrega de insignias aos gandeiros e gandeiras
Homenaxe de acruga cos gandeiros
Homenaxe de Acruga aos gandeiros
20 Jul 2024

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, celebrou unha homenaxe aos 27 criadores xubilados, 15 gandeiras e 12 gandeiros, con explotacións en 19 concellos galegos, que a pesar das xubilacións dos seus titulares, na súa maioría, un total de 21, cambiarán de donos, polo que continuarán en funcionamento.

Os criadores xubilados contan con explotacións nos concellos lucenses de Baleira, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, O Corgo, O Courel, A Fonsagrada, Láncara, Navia de Suarna, Muras, Paradela, A Pastoriza, Samos, O Saviñao, Triacastela e Viveiro. Tamén se homenaxeou a titulares que se xubilaron no último ano con ganderías nos municipios coruñeses de Malpica e Toques, e a unha gandeira de Ourense, con explotación en Rairiz da Veiga.

Varias autoridades estiveron presentes no acto de homenaxe, acompañando ao presidente de Acruga, César Dorado, para participar na entrega de insignias aos gandeiros e gandeiras xubilados. Asistiron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; a tenente de alcaldesa do Concello de Lugo, Ana González Abelleira; a xefa territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo, Olga Iglesias; o deputado provincial de Recursos Sostibles, Fran Cajoto; e o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela.

Previamente estaba prevista a celebración da asemblea anual de Acruga, que tivo que ser suspendida minutos despois de comezar ante a imposibilidade de manter a orde nin votar o que era o primeiro punto da orde do día, a lectura e aprobación da acta da asemblea de 2023.

0.17645907402039