Actividade de recollida de residuos en Becerreá

LugoXa
O municipio de Becerreá será, o día 11 de xuño, o escenario dunha recollida de residuos organizada pola Deputación de Lugo.
Limpeza becerrea
10 Xuño 2022

A Deputación de Lugo xunto a outras seis entidades medio ambientais organiza para mañá, 11 de xuño, unha xornada de limpeza e recollida de lixo no municipio de Becerreá.

A actividade, coa que colabora, entre outros, Ecoembes e a Reserva da Biosfera Ancares Lucenses, dará comezo ás 10.00 horas con saída dende o Hostal Rivera da localidade.

A inscrición é de balde e para participar pódese inscribir no enderezo electrónico und.mediambiente@deputacionlugo.org.

0.068242073059082