Acto de recoñecemento da SD Monterroso pola acollida a refuxiados no concello

LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu este domingo ao partido entre o equipo local e o Rácing Club Villalbés
partido-monterroso-refuxiados-futbol
9 sep 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu este domingo ao partido entre o SD Monterroso e o Rácing Club Villalbés disputado no campo de fútbol de Cerdeiriños, onde agradeceu o apoio e a acollida do club ás persoas refuxiadas que chegaron nas últimas semanas ao concello. A subdelegada mantivo un encontro co presidente, Balbino Martínez, sinalando como “exemplar” o seu xesto altruísta e a vontade de axuda para favorecer unha mellor acollida e integración no territorio.

A subdelegada destacou “a boa disposición do S.D Monterroso para colaborar, un colectivo que entendeu á perfección a situación na que chegan estas persoas e a necesidade de posibilitar a supervivencia e mellora das súas condicións”. Desde a Subdelegación do Goberno consideran “tremendamente importante a predisposición da veciñanza dos concellos de acollida, que no caso de Monterroso, dá exemplo do carácter solidario que caracteriza a idiosincrasia da nosa provincia”.

0.16021800041199