Actúan nas rúas San Eufrasio, rolda do Carme e Cova da Serpe, en Lugo
A Tenencia de Alcaldía mellora a imaxe das entradas á cidade. O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, achegáronse ata a rúa San Eufrasio, onde se están a renovar as distintos elementos da rúa. Trátase dunha actuación planificada pola concellería de Infraestruturas para, segundo explicou Rubén Arroxo, "avanzar na mellora dos accesos á cidade, tanto dando unha mellor imaxe como aumentando a accesibilidade e a seguridade das rúas".
O Goberno de Lugo está a actuar nas rúas San Eufrasio, rolda do Carme e Cova da Serpe, reparando a estrutura e renovando a pintura dos elementos afectados, "unha actuación de baixo custo pero que permitirá dar un bo servizo ás veciñas e veciños, garantindo a seguridade e a accesibilidade na rúa".
O concelleiro de Infraestruturas animou á veciñanza a facer chegar ao concello súas reclamacións para realizar arranxos nas rúas de Lugo. "Desde a concellería de Infraestruturas planificamos o traballo tanto coa información que nos fan chegar as veciñas e veciños dos barrios ", declarou Arroxo, que engadiu "iso, xunto coas visitas que realizamos aos distintos barrios permítennos levar a cabo a planificación de traballo que realizamos por toda a cidade".