Adai, no Corgo, celebra as súas festas

LugoXa
A romaría comeza con misa solemne no campo da festa, procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Pekados
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto recurso
23 Xul 2024

Adai no Corgo celebra as súas festas. A romaría comeza este xoves 25 con misa solemne no campo da festa, procesión e sesión vermú coa actuación do grupo Pekados, que tamén amenizará a verbena a partir das 23.00 horas.  A festa continúa o venres 26 con xogos populares no campo da feira a partir das 18.00 horas.

Xa ás 18.00 horas organizarán pezas teatrais no campo da feira. Deste xeito, representarán a obra Na procura dun traballo a cargo da compañía Metátese Teatro de Palas de Rei como parte do ciclo de teatro afeccionado da área de cultura da Deputación de Lugo.

O broche de ouro será o sábado con churrascada a partir das 22.00 horas. Os veciños e asistentes poderán gozar da verbena a partir das 00.00 horas co grupo Tapyoca co que a asociación de veciños de Adai, organizadores da romaría, despiden este ano as súas festas.

festas_adai_2024
0.14680695533752