Adamo levará a fibra óptica aos puntos máis afastados do casco urbano de Palas de Rei
A operadora Adamo resultou adxudicataría da segunda fase de implantación de fibra óptica no municipio de Palas de Rei. Adamo levará a fibra óptica a aqueles puntos do municipio máis afastados do casco urbano palense e os lugares de máis difícil acceso ás redes.
O alcalde, Pablo Taboada, mantivo unha xuntanza con técnicos da empresa para analizar os procesos dos traballos e o desenrolo dos mesmos, co fin, de avaliar as opcións de colaboración nos mesmos. Neste senso, o Concello de Palas amosa a súa disposición a colaborar no proceso de implantación da fibra facilitando os apoios existentes do alumeado público ou outros suministros titularidade municipal.
Con esta medida agárdase completar o servizo de implantación da fibra nas parroquías de: Carteire, Mosteiro, Ferreira, Augasantas, Merlán, Moredo, Felpos, Orosa, Pambre, Mácara, Pidre e Vilar de Remonde.