ADE acolle un encontro sobre o impacto social das iniciativas de emprendemento

LugoXa
As mulleres emprendedoras Lurdes Herrera Toco, de Bolivia, e Sofía Vázquez Manzano, da Coruña, dan conta no centro universitario lugués dos seus respectivos proxectos da man da iniciativa da ONG Taller de Solidariedade ‘Enredadas no cambio’.
iniciativa social emprendemento ADE
30 Out 2023

As mulleres emprendedoras Lurdes Herrera Toco, de Bolivia, e Sofía Vázquez Manzano, da Coruña, dan conta no centro universitario lugués dos seus respectivos proxectos da man da iniciativa da ONG Taller de Solidariedade ‘Enredadas no cambio’.

A iniciativa promovida pola ONG Taller de Solidariedade en colaboración coa Xunta de Galicia ‘Enredadas no cambio’ contrastou este luns na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo o impacto social e económico do emprendemento, a través dos testemuños da boliviana Lurdes Herrera Toco, así como da cooperativista da Coruña Sofía Vázquez Manzano, que deron conta das súas experiencias diante do alumnado de Administración e Dirección de Empresas.

Os relatos destas dúas mulleres emprendedoras, cuxas vidas e mudaron logo da súa implicación nas accións de emprendemento apadriñadas pola ONG Taller de Solidariedade, serviron para dar conta e poñer en valor a relevancia no ámbito laboral e tamén a pegada solidaria que tantas veces leva consigo o emprendemento.

O público presente na sesión expositiva moderada polo decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC, Roberto Bande, tivo logo a oportunidade de visualizar algún dos efectos positivos que está a ter esta campaña, a través da mostra fotográfica ‘Enredadas no cambio’, unha exposición estruturada en 48 paneis que chega á sede universitaria luguesa da man do Servizo de Participación e Inclusión Universitaria da USC e que amosa a vida de seis mulleres emprendedoras referentes en Perú, Colombia, Nicaragua, Bolivia e España.

As imaxes expostas dan conta dos obstáculos e dos retos que tiveron que sortear na súa aventura emprendedora, ao tempo que tamén reflicten os efectos de cambio e transformación que provocaron nas súas respectivas comunidades.

0.22217512130737