Adega busca fondos para frear o proxecto eólico Estivada, en Antas de Ulla

LugoXa
O Concello de Palas de Rei da comezo o próximo mércores 14 de setembro as súas festas do Ecce Homo que durarán ata o domingo.
adega Mapa_PE_Estivada
29 sep 2023

A asociación ecoloxista Adega chama á colaboración da cidadanía a través da campaña de doazóns #TiPodesParalos para emprender accións xudiciais contra un novo proxecto eólico autorizado: Estivada, nos concellos de Antas de Ulla e Agolada. A campaña #TiPodesParalos ten como obxectivo recadar os fondos necesarios para a interposición de recursos contencioso-administrativos contra o actual modelo eólico depredador e insustentable promovido pola Xunta de Galicia.

O parque eólico Estivada, promovido por Green Capital Power, proxecta un total de 8 aeroxeradores de 200 metros de altura no centro xeográfico de Galiza, entre as provincias de Lugo e Pontevedra, en montes próximos á Serra do Careón, un espazo natural protexido como Rede Natura.

Este proxecto ocupará terreos da comunidade veciñal de montes en man común de Ramil, Outeiro e Basadroa, e prevese que teña un efecto moi negativo nas nacentes do Ulla. A pouca distancia atópase o Camiño de Santiago ou as torrentes do Mácara e Ramil, e o propio monte no que se instarán os muíños ofrece vestixios de acoller un interesante campo de mámoas e petróglifos. A Eira da Xoana, centro de recuperación de saberes populares de ADEGA, tamén se localiza ao carón da poligonal eólica polo lado Norte.

A riqueza patrimonial e natural da zona, ademais da posible fragmentación artificiosa co P.E. Zamorra, leva a ADEGA a impulsar esta campaña de recadación colectiva cun obxectivo mínimo de 6.500 euros, establecido en dous retos correspondentes ás distintas fases de acción xurídica: en primeiro lugar, a presentación por parte de Adega do recurso de alzada e a elaboración do informe técnico ambiental; e en segundo termo, a interposición do recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como a solicitude de paralización cautelar.

Para poder contribuír a este desafío #TPP, Adega pon a disposición a seguinte plataforma online de crowfunding.

A_Eira_da_Xoana_fica_situada_no_norte_da_poligonal_eolica.
0.24566888809204