Adega e Madia Leva organizan unha ruta por Bosende e Barbaín este sábado

LugoXa
O vindeiro sábado 27 de maio, Adega-Lugo xunto co Centro Social Mádia Leva, organizan unha ruta pola zona de Barbaín e Bosende.
ruta bosende barbain lugo
26 Maio 2023

O vindeiro sábado 27 de maio, Adega-Lugo xunto co Centro Social Mádia Leva, organizan unha ruta pola zona de Barbaín e Bosende. O percorrido é duns 6 quilómetros e de dificultade baixa.

O obxectivo é coñercer algúns exemplos moi ben conservados de muros a xunta seca, técnica construtiva declarada pola Unesco como Ben Cultural Inmaterial da Humanidade, e que están afectados polo proxecto da Rolda Leste.

O punto de encontro será ás 10.00 horas no Centro de Cestería do Rato (Lugar de Reque). Para participar non é precisa inscrición.

0.19212293624878