Adega Lugo organiza un novo roteiro polas montañas de Negueira de Muñiz
Continuando co programa de roteiros “As nosas sagradas montañas” o vindeiro domingo 20 de marzo, Adega Lugo e os interesados visitarán a zona de Negueira de Muñiz, xunto coa Asociación para o Desenvolvemento de Negueira (ADN).
O bus deixará aos participantes na aldea asturiana de Uría onde comezará o ascenso ata o Birileo ou Busbeirón (1286m) dende onde, se o tempo acompaña, poderase contemplar unha gran panorámica dende os Ancares ate a costa cantábrica. No camiño atoparanse alvarizas e curros, e coñeceranse a afección de varios proxectos eólicos propostos para esta zona.
O Birileo está catalogado como o cumio máis alto dos Montes de A Fonsagrada e é o punto de confluencia dos concellos de A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e do asturiano Ibías. A ruta é circular e conta cun percorrido de algo menos de 18Km cun desnivel de 911m, ten unha dificultade media-baixa.
Para participar no roteiro é preciso reservar praza antes do venres 18 ás 13.00 horas. Toda a información e reservas en www.adega.gal
O prezo para o público en xeral será de 18 euros mentres que para os socios será de 12 euros e para os estudantes 15 euros. Os menos de 14 anos pagarán 5 euros.
Para a realización do roteiro recoméndase levar roupa e calzado axeitaddos e comida para o camiño. As prazas asignaranse por orde de inscrición.