Adega organiza un debate sobre urbanismo

LugoXa
O encontro, que se enmarca no ciclo 'Que cidade queremos?', poderase seguir a partir das 19.30 horas por vía telemática
adega mesa redonda
10 Mar 2021

Adega Lugo desenvolverá hoxe pola tarde unha nova mesa de debate dentro do ciclo 'Que cidade queremos?'. Será ás 19.30 horas, vía telemática, e baixo o título 'Urbanismo e calidade de vida'.

No debate intervirán Tareixa Táboas, Santiago Catalán e Xosé Anxo Carreira. O moderador será o secretario xeral de Adega, Froilán Pallín.

O encontro poderá seguirse a través da páxina web de Adega e na súa canle de Youtube, e ademais poderase participar en directo a través do chat da plataforma da asociación ecoloxista.

0.15049505233765