Adega organiza este martes unha palestra sobre o val do Rato de Lugo

LugoXa
A delegación de Lugo de Adega organiza para o martes 9 de maio a palestra Defender o val do Rato, preservar anosa riqueza.
pulmon verde cartaz ronda leste portda
8 May 2023

Dando continuidade ás actividades propostas dentro da Campaña Salvemos o pulmón verde de Lugo, a delegación de Lugo de Adega organiza para este martes 9 de maio a palestra Defender o val do Rato, preservar a nosa riqueza. O acto terá lugar no Salón de actos da UNED e dará comezo ás 19 horas.

Participarán Maricarmen Tapia Gómez, doutora en Urbanismo, investigadora da USC e directora da Revista Crítica Urbana, e Emilio Díaz Varela, profesor da USC, coordinador do grupo Planificación e Xestión en Sistemas Socio-Ecolóxicos Adaptativos Complexos - COMPASSES.

Nesta sesión analizarase dende unha perspectiva xeral o crecemento das cidades, tendencia que en moitos casos ameaza espazos naturais que aportan importantes servizos ecosistémicos aos sistemas urbanos e a sociedade en xeral, diminuíndo por tanto a calidade de vida das persoas e supoñendo un impacto para a biodiversidade.

A palestra será retransmitida en directo a través da canle de YouTube de Adega.

pulmon verde cartaz ronda leste

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18413686752319