Adega organiza unha mesa informativa sobre o parque eólico do Picato
O vindeiro mércores 25 de xaneiro Adega Lugo organiza unha mesa informativa no Vello Cárcere ás 19.30 sobre o parque eólico do Picato
Este proxecto, según a asociación "cambiará radicalmente a configuración paisaxística do concello, en especial o escaparate visual da cidade de Lugo, afectando negativamente á contorna dos dos dous patrimonios da humanidade, a Muralla romana e o Camiño Primitivo a Santiago".
Neste mesa informativa Adega explicará o contexto no que se desenvolve, darase información das instalacións e dos seus impactos ambientais, culturais e sociais, e as actuacións xurídicas que a entidade ecoloxista vai emprender contra este proxecto que conta con autorización previa e de construción.
Na mesa participarán Lucía Anido, enxeñeira ambiental e vogal de Asdega Lugo, Fernando de Abel Vilela, profesor de dereito administrativo na USC, e membro da directiva de Adega, e como moderadora Adela Figueroa Panisse, presidenta de Adega Lugo.
A xornada terá lugar no auditorio e está dirixida a toda a veciñanza de Lugo.