ADEGA organiza unha nova actividade en Lugo no marco de ‘Auga: o quebracabezas da vida’

LugoXa
Esta actividade terá lugar este domingo, 22 de decembro, a partir das 10.00 horas con saída en Penarrubia
Roteiros-Adega-Lugo-Auga
20 Dec 2024

A delegación de ADEGA en Lugo organiza unha nova andaina no marco do programa de rutas ‘Auga: o quebracabezas da vida’.

Esta actividade terá lugar este domingo, 22 de decembro, a partir das 10.00 horas con saída en Penarrubia e o obxectivo será visitar o conxunto arqueolóxico da zona de Adai en Lugo.

Nesta ruta, as persoas participantes descubrirán os tesouros arqueolóxicos da zona de Adai da man de Pilar Prieto, membro do Grupo EcoPast, EducoPast - Universidade de Santiago, CISPAC; e con Brais Rodríguez, quen presentarán este conxunto arqueolóxico tan importante para a Idade do Bronce en Galicia.
Ademais, no percorrido coñeceranse os traballos dos dous últimos anos no Corro dos Mouros ou Castrillón, visitando o Altar de Adai, onde se falarán sobre algunhas das teorías sobre este xacemento.

No camiño, de arredor de 9 km, tamén haberá varios petróglifos moi singulares, algúns prehistóricos, e outros non, “pero de moito interese igualmente”, sosteñen desde ADEGA.

⚙ Configurar cookies
0.71177196502686