Adega organiza unha saída para estudar a calidade ecolóxica do rego do Segade, en Lugo

LugoXa
A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais
laboratorio-investigar-gotas-auga-mar
Foto arquivo
18 May 2024

O vindeiro venres 24 de xuño a delegación de Lugo de ADEGA organiza unha nova saída do Proxecto Ríos, para facer o estudo da calidade ecolóxica do rego do Segade. A actividade desenvolverase de 17.00 a 20.00 horas. A inspección consiste na análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais, empregando os materiais proporcionados de forma gratuíta polo Proxecto Ríos.

Cos datos obtidos elabórase anualmente o Informe do estado de saúde dos ríos galegos. A actividade está dirixida a persoas de todas as idades, conta con seguro de accidentes polo que é preciso inscribirse escribindo a adegalugo@adega.gal ou chamando ao 982 240 299. Quedarase ás 16.45 horas diante do local de Adega, na Ronda das Fontiñas, para coordinar coches para chegar ao lugar, aínda que tamén se podes saír directamente ao punto de encontro preto do río.

adega_proxecto_rios
0.1861879825592