Adega realiza o domingo unha ruta por Adai
O vindeiro domingo 28 de xaneiro Adega Lugo organiza un percorrido por Adai (Lugo). Esta zona conta cun conxunto arqueóloxico moi importante para a Idade do Bronce en Galicia que será explicado por Pilar Prieto, membro do Grupo EcoPast, EducoPast - Universidade de Santiago, Cispac, que dirixiu os recentes traballos de escavación do círculo lítico
prehistórico de Adai en Lugo.
O punto de inicio será ás 10:30h na Igrexia de Adai, dende onde partiremos ata o dolmen de Adai, onde se uniará Pilar Prieto, que acompañará a marcha nun percorrido dunha hora e media.
Visitarán o Corro dos Mouros ata chegar ao Altar de Adai, que é unha longhouse ou casa alongada ritual e, polo camiño, irán parando en diferentes rochas ou petróglifos ata voltar ao dolmen de Adai. Dende aí subirán ata Pena Rubia dende onde, se o tempo o permite, poderán contemplar Friol. Aproveitarán para xantar despois da subida.
Baixarán ata a estrada de Orbazai cunha fermosa panorámica, ata chegar ao lavadoiro antigo, dende onde volverán ata a Igrexa de Adai para rematar a andaina. A dificultade do roteiro é baixa, cun percorrido duns 12Km. Quédase ás 10 horas no local de Adega para coordinar os coches ata o punto de inicio da ruta.
O prezo da ruta é de 6€ e conta con seguro de accidentes. Para participar é necesario inscribirse antes do venres 26 ás 13h a través da bitácora dos roteiros (https://roteirosadegalugo.wordpress.com/reserva/).