Adega realizará o domingo unha ruta polo concello de Castrelo do Miño

LugoXa
O vindeiro domingo 25 de xuño, a delegación de Lugo de Adega organiza un roteiro polo concello de Castrelo do Miño.
ruta castrelo do mino adega portada
21 Jun 2023

O vindeiro domingo 25 de xuño, a delegación de Lugo de Adega organiza unha ruta polo concello de Castrelo do Miño. Farán un treito do roteiro de Miño-Calvario-Coto Novelle, nun percorrido lineal duns 8 Km de lonxitude e de dificultade baixa.

Neste percorrido ao abrigo de piñeirais e sobreirais, coñecerase o grande legado cultural de mámoas e petróglifos, e poderase contemplar unha grande panorámica do Ribeiro, Paradanta e Celanova, sendo conscientes dos efectos da depredación eólica. Coñecerase ademais a loita de Castrelo contra un proxecto de explotación mineira que se gañou no 2007, pero que podería rexurdir en calquera momento.

Ao finalizar o percorrido os participante terán a oportunidade de coñecer a adega Pousadoiro.

A saída dende Lugo (Escola de Maxisterio) será ás 9h.

Para participar é preciso reservar praza antes do venres 23 de xuño ás 13.00 horas chamando ao 982240299
ou directamente na bitácora dos roteiros.

ruta castrelo do mino adega

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19392204284668