Adi Iglesias consegue o ouro no Europeo de Atletismo Paralímpico

LugoXa
A lucense Adiaratou Iglesias consegue a medalla de ouro nos 100 metros T13 do campionato de Europa de Atletismo Paralímpico.
Adiaratou Iglesias
4 Xuño 2021

A lucense Adiaratou Iglesias consegue a medalla de ouro nos 100 metros T13 do campionato de Europa de Atletismo Paralímpico. A velocista xa contaba cunha das 16 prazas do Comité Paralímpico Español para os Xogos, logo de conseguir a mínima para Tokio no Campionato do Mundo Paralímpico de Dubái 2019. Así mesmo, nesta proba, outra española, Nuria Pascual conseguía a séptima posición.

A atleta do Lucus Caixa Rural Galega puxo rumbo esta semana a Polonia onde se está disputando o Europeo de atletismo paralímpico, o maior evento deportivo do ano antes dos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020, logo de que quedaran aprazados pola situación sanitaria.

O campionato remata o vindeiro sábado día 5 e as probas nas que participará a lucense son os 400 ml e o relevo mixto 4×100, tras o cambio da categoría T12 á T13 que a aparta dos 200 metros lisos. Para máis información ou para seguir os resultados en directo pódese consultar a web e os enlaces para ver a competición por streaming.

adi iglesias
0.20459508895874