Adiántanse as carreiras do Campionato de España de Motocrós en Lugo ao sábado polo mal tempo

LugoXa
A cidade de Lugo ía convertirse esta fin de semana no epicentro do motocrós coa celebración do Campionato de España.
22 Feb 2024

A cidade de Lugo ía convertirse esta fin de semana no epicentro do motocrós coa celebración do Campionato de España. Porén, a mala previsión metereolóxica, xa que se espera a chegada dunha nova fronte á nosa comunidade durante o domingo, obriga a concentrar as probas este sábado.

Deste xeito, o Circuíto municipal Jorge Prado volverá a ser, por segundo ano consecutivo, sede do Campionato de España de Motocrós na súa categoría elite o día 24, xusto dúas semanas antes do comezo do Mundial en Arxentina. A gran cita galega será a segunda da tempada e constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c. Do mesmo xeito que o ano pasado, estarán na grella os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional, nun último exame antes de arrincar o Mundial.

0.16137099266052